Debacle para Shinzo Abe nas eleccións ao Senado xaponés

Shinzo Abe, primeiro ministro do Xapón, vén de sufrir un duro revés electoral, de manterse os resultados que deixa o comezo do escrutinio, e que xa avanzaban as enquisas a pé de urna. Todo parece indicar unha dura derrota do seu partido nos comicios nos que o país renovaba parcialmente os seus representantes no Senado.

Os refuxiados oficiais deixáronlle ó Partido Liberal Democrático, liderado por Shinzo Abe, unha representación na Cámara alta de 37 escanos, mentres a que o seu principal opoñente, o Partido Demócrata do Xapón, encabezado por Ichiro Ozawa, obtivo 60 escanos. Os socios de goberno de Abe, Novo Komeito e Novo Partido Nipón só conseguiron reunir dez escanos, polo que a pertir de agora, é a oposición a que consegue a maioría absoluta no senado xaponés.

Os xaponses acudiron ás urnas para renovar a metade do Senado, polo que estaban en xogo 121 escanos dos 242 que ten a Cámara alta. Pese a que a coalición de goberno liderada polo Partido Liberal de Shinzo Abe ten o dominio da Cámara baixa, tería que ter colocado 64 senadores para manter o dominio da Cámara alta.

Os cidadáns decidiron co seu voto castigar o seu dirixente tras unha serie de escándalos. O suicidio do ministro de Agricultura, as acusacións por corrupción, a renuncia do ministro de Defensa e a desaparición dos arquivos que rexistraban as aportacións de 50 millóns de contribuíntes ao fondo das pensións mermaron a popularidade de Abe, que só leva 10 meses no Goberno.

Abe non dimitirá

O primeiro ministro nipón anunciou xa que non dimitirá tralos malos resultados, como fixo o seu antecesor Ryutaro Hashimoto, que deixou o cargo tras perder o control do Senado en 1998.

Abe tampouco convocará eleccións anticipadas, pois considera que aínda ten que cumprir algunhas responsabilidades cara os cidadáns, sobre todo no sector da economía. O que sí anunciou o mandatario xaponés foi unha remodelación do goberno, para cumprir coa súa promesa de "conseguir a recuperación económica" do país nipón"

Aínda que esta derrota do seu partido non ten unha consecuencia directa sobre o posto do primeiro ministro, dado que o Senado non pode decidir o Goberno, supón un duro revés para Abe. O Senado, tras quedar podería obstaculizar todos os proxectos de lei presentados pola Cámara baixa, entre eles unha iniciativa para reformar a Constitución.

Fujimori podería ser extraditado

O ex-presidente do Perú, Alberto Fujimori, que se presentaba aos comicios na lista do Novo Partido dos Cidadáns, non conseguiu o escano de diputado que agardaba, e non poderá alegar inmunidade se finalmente as autoridades niponas deciden retirarlle a súa protección.

Fujimori posúe a dobre nacionalidade peruana e xaponesa, que lle permitiu presentarse ó posto de Senador pese a ter sido xa o máximo mandatario do país sudamericano.

Sobre o ex-presidente do Perú pesa unha petición de extradición ditada pola xustiza deste país, sen que polo de agora haxa unha decisión final sobre o seu cumprimento. Está acusado de corrupción e violacións dos dereitos humanos durante os dez anos que gobernou no Perú.

Cobertura dos resultados electorais no Tokyo Observer (ingles).