Polo menos 38 mortos en Nicaragua tralo paso do furacán Félix

O secretario do Sistema Nacional de Prevención, Mitigación e Atención de Desastres de Nicaragua (Sinapred), Ramón Arnesto Soza, confirmou que polo menos 38 persoas faleceron tralo paso do furacán Félix polo norte do país. A esta cifra, súmanselle 120 desaparecidos e arredor de 50.000 damnificados.

Arnesto Soza, confirmou que os falecidos vivían na aldea de Cayo Miskitos (Puerto Cabezas, a capital da Rexión Autónoma Atlántico Norte -Raan-), onde a poboación se negou a evacuar as súas vivendas ante a inminente chegada do furacán Félix. Ademais, agregou que nesta mesma comunidade, unha das máis pobres do país, hai arredor dunhas 80 persoas desaparecidas e decenas de feridos, segundo informa a prensa nicaragüense.

O furacán, transformado en depresión tropical,  golpeou con forza o norte de Nicaragua.Con ventos de ata 260 quilómetros por hora, Félix alcanzou a categoría 5 na Escala Saffir-Simpson e deixou preto de 9.000 vivendas destrozadas e máis de 16.000 desprazados.


Medo a revivir o Mitch
Toda centroamérica tremeu tan só coa idea dun desastre parecido ao que casou o Furacán Mitch no ano 1998 que deixou miles de mortos e incuatificables danos materiais, sobre todo en Honduras e Nicaragua.

Mitch foi o furacán máis mortífero dende o Gran Furacán de 1780. Segundo fontes oficiais, o número de falecidos podería ascender a 11.000 persoas ao que lle teriamos que sumar os desaparecidos. A maioría das mortes producíronse por culpa das  inundacións.

O seu nome, Mitch, foi retirado do listado do Centro Nacional de Furacáns de EE.UU na primavera de 1999 e sustituido por Matthev na Tempada de 2004.

Comentarios