200 anos de Marx

Táboa Redonda elixiu a Karl Marx como personaxe do 2018. Marta Veiga fala sobre o pensador cando se cumpren 200 anos do nacemento dun home que cambiou a Historia. Javier Nogueira comenta un ensaio sobre o pintor Vermeer e o inventor do microscopio, Leeuwenhoek. Camilo Franco lamenta que en Galicia se represente a Valle Inclán como excepción cando debería ser parte do repertorio e saúda a montaxe que vai facer Chévere.

Ramón Rozas cometna unha exposición en Madrid da sorprendente metafísica de De Chirico. Portorosa renova a súa ilusión pola chegada dos Reis Magos. Antonio Costa reivindica a fascinación do Drácula literario fronte ao Drácula histórico. Jaureguizar fala do seu belén, inspirado en Tolstoi.