jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

Alerta en Ponte Caldelas polo aumento da velutina

Grupo de velutinas localizadas en Area.
Grupo de velutinas localizadas en Area.
Un dos últimos casos denunciados foi no lugar do Pereiro, onde se atopa unha colonia de grandes dimensións

O Concello de Ponte Caldelas súmase ás numerosas voces de alarma diante do avance da praga da avespa asiática "sen que a Consellería de Medio Rural, que é a competente nesta situación de verdadeira emerxencia social e ambiental, teña adoptado medidas suficientes para contela".

O Goberno local lamenta que "da situación case anecdótica" do pasado ano se teña pasado "a unha verdadeira alerta", pois o insecto entrou en Ponte Caldelas polo sur, dende os lugares máis próximos a Soutomaior, e colonizou xa este verán os lugares situados máis ao norte e ao interior, abranguendo a totalidade do municipio. Os veciños láianse de que chaman ao servizo de Emerxencias do 112 da Xunta de Galicia e son remitidos aos Bombeiros, que na maioría dos casos non chegan a actuar. Nalgunhas ocasións aparece persoal da empresa Tragsa pasadas varias semanas, cando os propios veciños xa tomaron a iniciativa buscando solucións caseiras ou mesmo desesperadas, como disparar cartuchos contra os niños. Nun dos casos máis recentes, unha familia expresou a súa preocupación ao Concello, diante da aparición dun niño no tellado dunha casa onde residen persoas alérxicas á picadura das abellas.

OUTROS CONCELLOS. Situacións similares tamén se están producindo noutros concellos da provincia de Pontevedra. Este é o caso, por exemplo, de Poio, onde a velutina tamén se asentou nos últimos meses. Son varios os veciños que alertan da presenza de niños nas súas vivendas.

Un dos últimos casos denunciados foi no lugar do Pereiro, onde se atopa unha colonia de grandes dimensións.

Alerta en Ponte Caldelas polo aumento da velutina
Comentarios