''Algunhas decisións do Goberno local xa foran demandadas no seu día polo PP''

PON1902P13F1.jpg
photo_camera PON1902P13F1.jpg

O número tres da última lista electoral do PP poiense entra en escea. As obrigas profesionais de Javier Domínguez Lino converten a Moldes no novo cabeza visible do grupo da oposición. O mozo asume o reto con naturalidade e afirma que é un cambio normal e con carácter temporal.

o recén nomeado voceiro ‘popular’ non dubida en alabar a traxectoria de Domínguez como cabeza visible do PP. Moldes aposta por unha liña continuísta.

Cando lle comunicaron que Javier Domínguez non seguiría como voceiro local do partido?

Tivemos unha reunión a semana pasada, na que Javier explicou que as súas obligacións ao fronte de Xestur non lle permitían continuar exercendo como voceiro. O pasado luns informouse á xunta directiva deste feito. Quero deixar claro que a unha situación así débeselle dar un trato de absoluta normalidade. Estamos a falar dun mero cambio a nivel de funcionamento interno.

Pero o lóxico nestes casos é que o cabeza visible pase a ser o número dous. Nembargantes, vostede foi como terceiro cabeza de lista...

Si, pero cando se aprobou a estrutura da agrupación despois das últimas eleccións municipais determinouse que Javier continuaría como voceiro e eu sería o vicevoceiro. É certo que o máis habitual en moitos concellos é que a responsabilidade pase ao número dous, pero non sempre é asi. Existen varios casos nos que o voceiro nin sequera está entre os cinco primeiros da anterior lista.

Non semella demasiado sorprendido coa decisión...

Non. Insisto en que isto non é máis ca un cambio motivado pola ocupación profesional de Javier Domínguez. Haberá unha liña de traballo continuísta con respecto o que se estaba a facer ata o de agora. A renuncia do meu compañeiro a este posto fala moi ben do seu carácter. El sempre dixo que se non podía dar o 100% delegaría nos demais. Cumpríu a súa palabra e non me sorprende, porque Javier sempre tivo moi en conta a opinión do resto de integrantes do partido.

Como definiría a situación actual do Partido Popular en Poio?

Queremos facer un traballo continuísta porque ata agora creo que as cousas se están a facer axeitadamente. Os feitos están ahí. Basta con ver algunhas das decisións que está a tomar o Goberno municipal. Son actuacións que xa foran demandadas no seu día polo Partido Popular.

(Más información en nuestra edición impresa del domingo, 19 de febrero)

Comentarios