Ambientalismo contradictorio

Adiputada do Bloque Olaia Fernández Davila instou ó Goberno, no pleno do pasado 10.04, pra un compromiso en relación co abandono da factoría de Ence en Lourizán no horizonte do 2018 cando, según a diputada, vence a concesión que a empresa ten en dominio público marítimo terrestre. A súa petición, feita por existire un temor de que coa anunciada modificación da Lei de Costas se vaia delonga-la concesión de que dispón a factoría contaminante, de pouco valeu. Certo que ó PP non se lle ve unha actitude ambientalista coherente, pero tampouco ós demáis partidos. Teresa de Lara, diputada do PP, contestou á diputada Olaia F. Davila no sentido de que existe unha sentencia da Audiencia Nacional, de fins do pasado ano, pola que se ordea á Administración “a incoación do expediente de caducidade (da concesión de Ence) e a adoución de tóda-las medidas previstas pra paralizaren a súa actividade”, sentencia recurrida en casación pola Avogacía do Estado. A diputada nacionalista comentou que o seu grupo temía que, coa modificación da Lei de Costas, continuasen coa tolerancia actual das actividades e industrias contaminantes ou se abrira de novo a porta “á especulación salvaxe”. O grupo popular, que presentaría a súa propia moción en relación coa protección do litoral, compatibilizándoo coas actividades económicas e a creación de emprego, pideu tamén a execución das sentencias firmes que se dicten contra Ence. ¿E as outras sentencias firmes xa dictadas en relación coa ocupación do mar por medio de recheos en Marín, ou o levantamento da vía do ferrocarril na praza d´Os Praceres, sentenciado no ano 2007? ¿E pra cándo unha actuación afoutada prá rexeneración do litoral, posible xa en Mollavao (no que foi concesión de José Malvar), posible tamén nos terreos que últimamente ocupaba Holcim, tamén por sentencia do pasado 16.02.2012? Paréceme ben o presunto interese de Olaia F. Davila pola recuperación das marismas de Lourizán, pero nese marco hai tamén outras cousas a cuestionar das que os políticos, que parecen estare no mesmo barco, non falan: a cuestión da edar d´Os Praceres, en dominio público marítimo terrestre, prohibida pola Lei de Costas, que tería que ser construída por riba dos vinte metros da franxa de protección; é decir, por riba da vella estrada Pontevedra Marín, como tamén as tuberías levadas en paralelo ata a edar por baixo da autovía de Marín, tamén prohibidas por esa lei. Pero non se están a face-los deberes. O PP, por esquecer, esquece incluso que foi ese partido o creador do ministerio de Medio Ambiente; que foi Cristina Narbona, ministra socialista, a que promulgou un decreto declarando as marismas de Lourizán como inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación pola súa condición de dominio público marítimo terrestre antes da reconversión do ministerio en M.A.R.M. Pero resulta que o Bloque quer construíre unha pasarela dende Mollavao a Os Praceres, no borde da autovía a Marín. ¿Por qué non pola parte baixa da vella estrada, auténtico límite do terreo demanial e recuperar así as marismas? Pero difícil está a cousa cando se dispoñen a construiren o nudo da punta de Mollavao, a tres niveles, coa consecuencia dunha maior carga de tráfico por esa autovía e a súa conseguinte consolidación. Según Mosquera, os propios representantes da Xunta, do ministerio e da Diputación, mostráronse contentísimos na xuntanza que tiveron co alcalde pra falare do asunto. ¡Claro, os novos e idílicos solpores dos que falaba non hai moito un edil! Confiemos en que a acción popular ha servir prá defensa da Lei de Costas. E lembremos que cando foi construído o ferrocarril a Marín, o propio ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar, decía que non era un proiecto cabal, que ocuparía 55000 mt2 de terreo demanial e que representaría un perfil duro pró acceso ás marismas de Lourizán, a praia de Pontevedra, ó finaliza-la concesión de Ence. Non vexo ó MARM co pulo necesario prá restauración litoral como espacio sagrado.

Comentarios