miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Ameaza de orballos este sábado en Galicia

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos

O sábado perderemos a influencia das altas presións, con ventos do sudoeste que traerán máis nubes na franxa atlántica, coa posibilidade de orballos e ceos con menos nubes canto máis ao leste.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, repetíndose as xeadas no sur de Ourense, mentres que as máixmas experimentarán un lixeiro ascenso.

Os ventos soprarán do sudoeste frouxos, aumentando de intensidade pola noite na metade norte.

Meteogalicia

Ameaza de orballos este sábado en Galicia
Comentarios