Ana García: ''Ayudamos a los clientes que vienen de fuera a pagar los gastos de peaje''


P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Calidade.

P ¿Un grupo de música?
R Maldita nerea.

P ¿Unha película?

R El diario de Noa

P ¿Unha comida?
R O cocido galego.

P ¿Un lugar para perderse?

R A praia de Paxariñas.

P ¿Que ofrece Ali Bebé?
R Somos a maior superficie de puericultura de España. Desprázase xente de toda Galicia e tamén algúns de fóra. Por dicir algunhas cifras, contamos con 350 modelos distintos de cocheciños, 300 cadeiras para coche...

P Teñen unha oferta para pagar a peaxe de quen se desprace ata a tenda. ¿En que consiste?
R Notamos que moitos clientes se queixan de que para chegar a Ferrol teñen que pagar como mínimo 15 euros de autoestrada. Asumir o gasto de ter un bebé xa é grande, así que nós intentamos axudarlles. Entre o 1 de marzo e o 31 de maio pagámoslle a peaxe aos que veñan de fóra e fagan compras de máis de 150 euros. Se presentan o tícket de ida, multiplicámolo por dous e pagamos tamén a volta.

Ana García Carballo
Naceu en Narón en 1975 e ten a diplomatura en Turismo. É a responsable de tenda da cadena Ali Bebé en Ferrol

Ten 6.000 m2 de superficie, 3.000 de almacén e 3.000 de exposición en 5 plantas, con 1.000 adicados exclusivamente a mobiliario para a casa. Está situada no polígono da Gándara

Comentarios