A Axenda das sete cidades

Principais actos do Día das Letras Galegas

Vigo O xoves 17 será o acto central da Xunta no CIFP Valentín Paz Andrade, coa presenza de Núñez Feijóo e Jesús Vázquez, que inaugurarán unha mostra do escritor ás 13.30. Tamén haberá unha sesión extraordinaria da RAG na sede da Fundación Barrié

A Coruña A RAG celebrará os 50 anos das Letras dentro dun mes, o 16 de xuño, en María Pita, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia. Mañá haberá un concerto (12.15) no Teatro Rosalía e actos culturais nos mercados

Ourense Recital de obras de Paz Andrade e conferencia no centro social da Ponte, hoxe ás 18.00 con entrada gratuíta. E tamén hoxe, desde as 16.00 en Espazo Xove, conferencias e proxeccións de cine

Santiago Ás 12.00 sairá desde a Alameda a manifestación central de Galicia, convocada polo grupo Queremos Galego. E no salón de Fonseca, na USC, haberá un acto co reitor Casares Long e o profesor Henrique Monteagudo, ás 12.00

Lugo A cidade, que acolle a súa Feira do Libro, terá o acto central ás 12.45 na praza de Santa María co Festival de Danzas e Gaitas a cargo de 260 escolares lucenses

Pontevedra Concerto da Real Filharmonía de Galicia hoxe ás 21.00 horas no Pazo da Cultura e concerto de poemas do autor na praza da Ferrería a partir das 19.00

Ferrol O Concello reparte libros e o día 22 haberá unha conferencia no centro cultural Torrente Ballester

Comentarios