A Banda de Música de Pontevedra renderalle homenaxe a Roque Baños

Un momento do concerto de onte adicado a Ravel. alba sotelo
photo_camera Un momento do concerto de onte adicado a Ravel. alba sotelo

O gañador de tres premios Goya (pola música de ‘Los crímenes de Oxford’, ‘Las 13 rosas’ e ‘Salomé’), autor de bandas sonoras de películas como ‘Alatriste’ ou ‘800 balas’ e un dos compositores máis respectados do panorama estatal, Roque Baños, recibirá unha homenaxe da Banda de Música de Pontevedra o 28 de febreiro. «Estamos intentando que poida asistir e incluso que participe no concerto», explicou onte Ana Franqueira, da agrupación pontevedresa. Ela e a súa compañeira Margarita Martínez presentaron no Concello o primeiro Ciclo de butaca de 2013, no que a homenaxe a Baños é un dos recitais máis destacados.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios