A base dos avións non tripulados da OTAN, un agasallo para Feijóo

De Galicia Diario: ''O ministro Morenés está polo labor de situar en Trasmiras (Ourense) a base de operacións dos avións non tripulados da OTAN. Sete mil soldados virían destinados a Galicia grazas a este programa armamentístico. Un agasallo para Feijóo de cara aos próximos comicios autonómicos''.

Teresa Táboas, valor de futuro para artellar a alternativa nacionalista

Tras irse de Máis Galiza nos tempos de Aymerich e abandonar o escano no Hórreo, Teresa Táboas está a ter un papel activo, desde Acción Galega, na recomposición dos nacionalistas que marcharon do BNG. A súa boa conexión con Beiras e a súa excelente imaxe fan dela un valor en alza para artellar unha alternativa.

Alfonso Hermida recibe múltiples mostras de apoio nas redes sociais
Tras dimitir como presentador e editor, Alfonso Hermida agradeceu nas redes sociais as múltiples mostras de apoio recibidas. E aclarou que segue na TVG e que a decisión non ten que ver coa protesta das preferentes en San Marcos: ''Matizo que a dimisión a veño meditando hai meses e que é por razóns profesionais''.

Comentarios