Adicam, premio Albert Jovell

A calidade asistencial no punto de mira de Adicam

O Grupo Interactivo entre Pacientes da entidade traballa pola mellora dos protocolos do sistema sanitario en enfermidades coma o cancro
Responsables do Grupo Interactivo entre Pacientes de Adicam
photo_camera Responsables do Grupo Interactivo entre Pacientes de Adicam

Coñecer as distintas experiencias das pacientes diagnosticadas de cancro de mama para establecer unha vía de comunicación cos profesionais que mellore os protocolos de actuación en cada momento da enfermidade é un dos obxectivos do Grupo Interactivo entre Pacientes (GIP), constituído no pasado mes de maio pola Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama (Adicam). 

As súas promotoras, membros da asociación, tamén propoñen implementar e optimizar os recursos que deriven nunha mellor calidade asistencial, elaborar informes periódicos onde se reflictan as conclusións e déanse propostas construtivas para os colectivos de profesionais, pacientes, familias e asociacións. 

Pero ademais de todo iso tamén compartir experiencias xuntas para xerar tranquilidade, coherencia e coñecemento de todos os procesos que se viven despois do diagnóstico. 

O PROXECTO. Esta iniciativa, que partíu dos propios membros da entidade canguesa, servirá para que xerar un foro aberto das experiencias vividas polas afectadas no tocante aos protocolos médicos ou vivencias persoais e profesionais. 

Neste sentido, o Grupo Interactivo entre Pacientes de Adicam pretende establecer pontes de comunicación coas administracións para mellorar a calidade asistencial dos pacientes. 

"Cada paciente vive la enfermedad de forma diferente en función de en que hospital esté o en que unidad le lleven. Se nos ocurrió que formar un grupo de trabajo dentro de la asociación en el que poder investigar contactando con el mayor número posible de mujeres diagnosticadas de cáncer de mama. Así, realizándoles un cuestionario conseguimos obtener informaciónn sobre donde están las diferencias entre un centro sanitario u otro, cuáles son los diferentes protocolos… Todo ello nos servirá para poner en contacto con los entes públicos, los centros sanitarios y los profesionales, para llevar a cabo las mejoras necesarias en el sistema sanitario galego", apunta Beatriz Arbones, una de las responsables e integrantes del grupo de Adicam. 

Desde o mes de maio están en pleno funcionamiento con esta iniciativa na que buscan atopar os erros e os acertos nos procesos, sempre dende un punto de vista constructivo. A asociación pretende así achegar aos profesionais médicos á opinión das pacientes para na medida en que se poida mellorar aqueles aspectos que non están sendo satisfactorios para que a calidade asistencial aos enfermos sexa a óptima.

Comentarios