Calor e poucas nubes hoxe en Galicia

Mapa da previsión do tempo para este martes en Galicia.METEOGALICIA
photo_camera Mapa da previsión do tempo para este martes en Galicia.METEOGALICIA

As altas presións continuarán un día máis estacionarias ao norte da península Ibérica, bloqueando a chegada das borrascas atlánticas. Deste xeito, este martes espérase unha xornada de ceo pouco anubrado ou despexado, con nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol. Durante a tarde poderán entrar brétemas polo litoral atlántico. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de dirección variable, con réxime de brisas costeiras nas Rías Baixas pola tarde. 

Pola súa banda, as temperaturas seguirán sen cambios ou terán un lixeiro ascenso, polo que de novo espéranse valores elevados para a época do ano. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 31 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até o nove graos en Lugo. 

Temperaturas nas principais cidades

A Coruña     10°     23°
Ferrol     8°     29°
Lugo     5°     30°
Ourense     11°     32°
Pontevedra     10°     28°
Santiago de Compostela     11°     28°
Vigo     12°     25°

Comentarios