lunes. 19.08.2019 |
El tiempo
lunes. 19.08.2019
El tiempo

A cámara lenta

Esta é unha película rodada cunha lentitude que ben pode entenderse en dous sentidos. Por unha banda, pode corresponder a un ritmo interior –trátase da asunción dunha perda, que vai avanzando no interior dos protagonistas de xeito diferente–; e, por outra banda, ese avance ralentizado pode facer que o espectador perda o interese.

É unha arma de dobre filo: unha narración dinámica xa parte dun punto de atención. Dependendo da valía do guión, da súa estrutura e profundidade, o interese aumenta ou descende. Porén, unha narración lenta está sempre en perigo, está sempre cuestionada. Esto carrexa a necesidade dun guión moi ben entrelazado, que sexa capaz de facer que o mundo interior dun protagonista empatice co espectador. É algo nada doado de levar a cabo. Este filme, ao meu entender, conségueo ás veces, por iso non acababa de rematar esta historia, ao tempo, distanciada e profunda, próxima e misteriosa. Ás veces fría e ás veces desoladora.

Rabbit hole
Director: John Cameron Mitchell
Intérpretes: Nicole Kidman, Aaron Eckhart e Diane Wiest
Puntuación: ***

A cámara lenta
Comentarios