El BNG de Marín quiere que la Casa do Mar sea "un punto de encontro"

Os nacionalistas iniciarán un debate social sobre o destino da infraestrutura e manterán reunións cos responsables do inmoble
Casa do Mar de Marín
photo_camera Casa do Mar de Marín

O BNG iniciará unha campaña -tanto social como institucional- coa que pretende conseguir que Casa do Mar "sexa un punto de encontro para os mozos e mozas de Marín" y "evitar o derrubo". O Instituto Social de la Marina é o actual propietario do inmoble, polo que os nacionalistas marinenses pedirán unha reunión co director provincial deste organismo, "co obxectivo de darlle a coñecer o noso proxecto e saber, de primeira man, cales son exactamente as posibilidades de uso para o Concello".

No eido social, o BNG marinense abrirá un debate sobre as características que debería ter este centro cívico. Para recoller e contrastar as propostas, convocará unha asemblea aberta e "levaremos a cabo unha campaña informativa, sobre todo entre os máis mozos, co fin de recoller propostas e facerlles chegar as nosas". A campaña tamén incluirá actos reivindicativos co obxectivo de visibilizar na rúa esta campaña.

USO MUNICIPAL. Outra das accións do BNG con respecto a esta infraestrutura é que o uso sexa municipal. "O primeiro paso para conseguir este obxectivo está logrado", afirman os nacionalistas. "A proposta do BNG de que a Casa do Mar, unha vez estreado o Centro de Saúde, pase a ser de uso municipal, acadou o apoio de todos os grupos da Corporación, incluído o grupo de goberno que apostaba antes por crear un centro de día".

A moción presentada polo BNG, sen embargo, foi rexeitada no Pleno, co voto en contra do PP e a abstención dos demais, por non ter claro o destino do edificio.

Por outra parte, o Bloque asegura que o Goberno local está ante "unha clara falta de proxecto" para esta infraestrutura e acúsao de ser "incapaz de tomar decisións, ademais de que vai cambiando o seu programa electoral en función do que propoñamos os demais ou do calendario electoral".

GARDERÍA E OFICINAS. A proposta do BNG para este inmoble aposta por que sexa compatible co mantemento da gardería e incluso coas oficinas que o Instituto Social de la Marina ten no piso superior.

"Queremos que a Casa do Mar pase a ser un centro cívico destinado á mocidade, onde os mozos poidan desenvolver actividades de ocio e formación, e que permita a creación de asociacións xuvenís que favorezan a vida municipal e a convivencia entre eles e que, ao mesmo tempo, lles permita ter un lugar de encontro. Marín non pode continuar permitindo que os nosos mozos se desarraiguen do seu concello", destacan os nacionalistas.

Comentarios