Sábado. 25.05.2019 |
El tiempo
Sábado. 25.05.2019
El tiempo

Cannes

Gañadora da Palma de Ouro do Festival de Cannes do ano pasado, suponse que é unha marabillosa historia sobre unha troupe de cabaret da que nos imos namorando a medida que percorremos con ela o paso polos distintos escenarios. Poderiamos dicir que é audaz en canto á súa narrativa, pouco estruturada, moi de road movie, de ir e vir dos personaxes.

Porén, a película cansa a base de repetir a fórmula chegada ao hotelactuación e saída do hotel. Non hai un desenvolvemento do guión no que se mesturen as intrahistorias dos personaxes coa súa traxectoria vital externa e o exemplo do protagonista, neste senso, é moi claro: unha problemática vida persoal aparece de xeito intermitente e o mesmo que veñen, vanse. Isto supón deixar unha parte importante do personaxe sen explicar e sen tratar, coa conseguinte perda de profundidade e credibilidade. Se tomamos o filme como a vida dun tolo que ten a súa tenrura e que quere sacar adiante un soño, vemos o filme con certo interese, pero só ata un punto.

Tournée
Director: Mathieu
Amalric
Intérpretes: Mathieu
Amalric, Julie Ferrier,
Anne Benoît, Evi Lovelle
Puntuación: **

Cannes
Comentarios