A Caravana Vilamor chega a Pontevedra

PON1804P56F2.jpg
photo_camera PON1804P56F2.jpg

PONTEVEDRA. «Unha das cousas máis bonitas que nos pasou foi o de Mondoñedo», conta Paula Arruti. «Como alí non hai cine, acondicionouse unha sala para poder proxectar a película. E así a viu a xente». Arruti é unha das dúas persoas da Caravana Vilamor que non sae na película. A outra é Alba Prol. O grupo complétase co cineasta Ignacio Vilar e os tres actores protagonistas do seu filme, Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez.

Todos xuntos, metidos nunha furgoneta dos anos 70 que rescatou Vilar e que se decorou a efectos promocionais, saíron o 30 de marzo de Lugo. Nese vehículo veñen percorrendo Galicia promocionando as distintas estreas de ‘Vilamor’. Ata o de agora pasaron por centros educativos, institutos e asociacións da Rúa de Valdeorras, Monforte, Mondoñedo e Vigo. Esta semana están por Pontevedra. Cando rematen o 16 de maio en Ourense levarán enriba case mil quilómetros de percorrido. «Aínda que, na realidade, se miras o contaquilómetros fixemos moitísimos máis», di Paula Arruti.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios