Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

Carmela Silva e Xosé Leal manteñen unha xuntanza cos directivos de Galaxia

Un dos momentos da xuntanza
Un dos momentos da xuntanza
A presidenta da Deputación de Pontevedra lamentou que a crise sexa escusa para recortar no sector da cultura

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e máis o deputado de Cultura, Xosé Leal, reuníronse o luns  con directivos da histórica Editorial Galaxia no Pazo Provincial. Á xuntanza asistiron o director da editorial, Víctor Freixanes, e os tamén membros da directiva Antón Vidal e Xavier Martínez.

A presidenta do ente provincial destacou a importancia da Editorial Galaxia no compromiso coa cultura galega e recordou que a editorial, de referencia histórica no país, leva traballando a prol do idioma dende 1950, cando o Franquismo limitaba a liberdade no emprego da lingua propia de Galicia.

Carmela Silva lamentou que a crise estea servindo como escusa para recortar no sector da cultura cando "é unha ferramenta fundamental para a igualdade de oportunidades".

Do mesmo xeito, a presidenta subliñou aos directivos da Editorial Galaxia o compromiso da Deputación co sector cultural da provincia de Pontevedra e a necesidade de darlle impulso nos tempos de dificultades económicas nos que nos atopamos.

Carmela Silva e Xosé Leal manteñen unha xuntanza cos directivos de...
Comentarios