Silva inaugura un cruceiro no Grove e revalida o apoio á Festa do Mar

A presidenta da Deputación subliñou a "beleza espectacular" do contorno da ría
Un momento do acto inaugural no interior da ría
photo_camera Un momento do acto inaugural no interior da ría

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde do Grove, José Cacabelos, inauguraron este luns o cruceiro marítimo instalado nunha rocha sobre o mar e dentro da ruta marítima de Arousa e a ruta terrestre do Padre Sarmiento. Silva subliñou a "beleza espectacular" desta obra e do contorno da ría que a rodea. A presidenta destacou que esta obra escultórica, obra de Francisco Pazos, "nos recorda a eses cruceiros seculares da nosa terra".

A comitiva desta inauguración, entre a que se atopaban a concelleira de Turismo, Emma Torres, e a de Obras, Angeles Domínguez, o deputado de Turismo, Santos Héctor e un párroco, que procedeu á bendición do cruceiro, partiu desde o porto de O Grove ate Cantodorxo a bordo dun barco rápido, nunha das novas iniciativas turísticas con que conta a localidade meca.

Previamente, a presidenta asinou o convenio para a colaboración co Grove na organización de varios eventos da Festa do Marisco e apostou pola declaración de Festa de Interese Turístico Internacional deste evento, que contribúe a unha ocupación hostaleira do 90% na vila meca.

Comentarios