Carmen Gámir traballará con Marta F.Currás, segundo un confindencial

Liderdiario.com conta que a ex conselleira e actual secretaria de Estado de Presupuestos, Marta Fernández Currás, ''fichou como xefa de prensa'' a xornalista Carmen Gámir, máis coñecida como Chinny e noiva de Núñez Feijóo. Antes traballaba no grupo parlamentario popular con Soraya Sáenz de Santamaría.

O editor Sánchez Ruipérez fundara Anaya pero tamén Edicións Xerais
O editor salmantino Germán Sánchez Ruipérez, fundador de Anaya, creara en 1979 Edicións Xerais de Galicia con Xulián Maure. Desde hai catro décadas, veraneaba en Sanxenxo, onde ten un chalé en primeira liña da praia de Silgar. Morreu na República Dominicana aos 85 anos por un golpe fortuíto.

José Bono ten unha oferta e entre Cospedal e Soraya hai rivalidade
Dúas novas da política nacional de forma telegráfica: 1) José Bono ten unha zumenta oferta sobre a mesa para incorporarse como asesor dun prestixioso despacho de avogados; 2) a rivalidade entre De Cospedal e Sáenz de Santamaría chegou ao partido. Disque Rajoy obrigou a que Soraya entre na executiva de Mª Dolores.

Comentarios