4 medallas para os galegos na Regata Internacional de Munich

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) conseguíu esta fin de semana unha boa colleita dentro da Regata Internacional de Munich, na que participaron 25 países. A sección de remo do CGTD, integrada na Selección Española, fíxose con catro das cinco medallas que obtivo España.

Os representantes galegos foron Rubén Castelo Triñanes (medalla de ouro e  prata), Alba Espiñeira (bronce), Óscar Alonso (bronce) e Cristian Fernández.

Comentarios