Os ceos estarán parcialmente nubrados este martes en Galicia

As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos
Nubes este jueves en el cielo de A Coruña. EFE / ARCHIVO
photo_camera EFE / ARCHIVO

O martes a aproximación a Galicia dunha fronte polo noroeste intensificará a circulación de ventos do sur. Teremos así unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con máis nubes no oeste e sur da comunidade.

A fronte traerá chuvias puntualmente intensas pola noite. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará forte de compoñente sur.

meteogalicia

Comentarios