viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Ceos parcialmente cubertos este luns en Galicia

As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso

O luns Galicia estará baixo infuencia anticiclónica, pero cunha circulación moi marcada do nordés. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos no terzo norte con algunhas precipitacións febles e ceos pouco anubrados ou despexados no resto. Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior da Comunidade que mesmo deixarán algún chuvasco treboento.

As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, notable en puntos do norte. O vento soprará do nordés, forte no litoral norte e moderado no resto.

Meteogalicia

Ceos parcialmente cubertos este luns en Galicia
Comentarios