viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Os ceos pouco anubrados dominarán este venres en Galicia

 As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso

Durante o venres Galicia irá quedando progresivamente baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos pouco anubrados en xeral, con algunhas nubes pola mañá no extremo norte.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, agás no litoral norte da Coruña e de Lugo, onde quedarán sen cambios.

Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

meteogalicia

Os ceos pouco anubrados dominarán este venres en Galicia
Comentarios