O CEP Marcos da Portela proclámase vencedor no Concurso dos Maios

PON0205P40F2.jpg
photo_camera PON0205P40F2.jpg

PONTEVEDRA. A cousa estivo bastante rifada entre o centro de ensino de Monte Porreiro e o CEIP Campolongo, aínda que a Asociación cultural deportiva de Campañó tampouco quedou atrás nesta nova edición do Concurso dos Maios, que se celebrou onte pola mañá na Praza da Ferraría. O primeiro dos grupos conseguiu catro premios, fronte aos tres cos que se alzaron cada unha das outras dúas formacións.

Os escolares, de entre seis e once anos, do CEP Marcos da Portela que participaron no certame viron o seu esforzo recompensado trala entrega do primeiro dos galardóns, que recoñecía o mellor maio dos trece que se presentaron. A Asociación de Campañó e o CEIP Froebel ocuparon o segundo e o terceiro posto no pódium, respectivamente. A alegría dos da Portela aumentou cando o xurado volveu a pronunciar o seu nome na segunda das categorías, obrigando a un dos alumnos (en nome dos seus compañeiros) a subir ao escenario a recoller o primeiro premio ás cantigas. Seguíronlle os representantes do CEIP Campolongo e do grupo Máis alto de Marcón.

«Os nenos, coa axuda dos profesores e dos seus familiares, estiveron preto dun mes traballando no esbozo e confección da estructura do maio», asegurou Pilar Lores, directora de CEP Marcos da Portela. «Facemos moito fincapé na motivación e na implicación de maiores e pequenos porque, máis alá do certame, todo o proceso que require a creación das pezas que presentamos hoxe e a composición das cantigas que interpretamos supón unha oportunidade de fomentar o traballo en equipo, a imaxinación dos escolares e o sentimento de responsabilidade ao que se enfrontan», recalca Lores.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios