Cerdedo-Cotobade súmase ao roupeiro social promovido por Cáritas

O seu obxetivo principal é suministrar prendas de roupa en boas condicións ás persoas máis necesitadas
Un dos contedores que Cáritas instalará en Cerdedo-Cotobade
photo_camera Un dos contedores que Cáritas instalará en Cerdedo-Cotobade

O equipo de Goberno do Concello de Cerdedo-Cotobade e o servizo de medio ambiente, acaba de chegar a un acordo de colaboración coa empresa de economía social Arroupa-Cáritas para a instalación de contenedores de recollida de roupa en diferentes puntos do municipio. O Concello optou pola empresa Arroupa como vía de xestión para a roupa e textís usados do Concello porque se trata dunha empresa de economía social, adicada ao reciclaxe e posta en valor da roupa usada. Arroupa dá traballo a personas nunha situación de exclusión social. 

O seu obxetivo principal é suministrar prendas de roupa en boas condicións aos máis necesitados e para iso, a roupa reutilizable enviase para a súa venda ás tendas de segunda man abertas con cargo ao proxecto e o material que non pode ser recuperado é enviado ás plantas de reciclado. 

Coa firma do citado convenio, o Concello poñerá a disposición de Arroupa o espacio necesario para a colocación dos contenedores, e Arroupa asume as responsabilidades derivadas da recollida e mantemento. Como inicio acordouse a instalación de tres contenedores que se situarán no Punto Limpo, no aparcamento público de Cerdedo e outro ao lado da marquesiña de autobús do colexio público de Tenorio. Os veciños poderán depositar nestes contenedores roupa, calzado, bolsos e textís como mantas. 

Ademais do beneficio social, este acordo persegue seguir avanzando na redución dos vertidos de lixo, que contribuirá a unha baixa nas facturas mensuais que se repercutan aos veciños do concello fusionado.

Comentarios