Chalotte no se resigna

Unha viguesa diagnosticada con transexualismo e cunha síndrome ansiosa-depresivo asociada demandou nos xulgados de Vigo á Xunta de Galicia por non executar a sentenza que condena á administración autonómica a pagar a súa operación de cambio de sexo con cirurxía correctiva.

A demandante, C.T.G.A., alias Charlotte Goiar, de 41 anos, solicitara por escrito o 31 de xullo no rexistro do Sergas en Vigo a execución dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de marzo de 2012, ratificada logo polo Tribunal Supremo, para evitar a presentación dunha demanda executiva.

A sentenza, que a Xunta recorreu ante o Supremo, revogaba unha ditada en 2008 polo xulgado do Social de Vigo que non recoñecía o estado intersexual patolóxico da paciente, e que é o único suposto contemplado para o financiamento público da operación.

O alto tribunal alegou na súa sentenza, que é firme e contra a que non cabe recurso, que o Sergas inclúe a cirurxía de cambio de sexo na súa carteira de servizos comúns a pesar de que non pode proporcionar este servizo por falta de centros autorizados para iso no seu ámbito de influencia.

Na demanda que presentou o xoves da semana pasada, a avogada de Charlotte Goiar solicita que sexa intervida dunha colovaxinoplastia nalgunha das clínicas privadas dun especialista que lle fixo un seguemento nos últimos anos.ç

O texto da demanda denuncia tamén que as “evasivas” da Xunta á hora de asumir a operación de cambio de sexo desta viguesa están a pór en “grave risco” a súa saúde mental.

AOS SETE ANOS

C.T.G.A., que foi diagnosticada aos 7 anos de transexualismo ou síndrome de Harry Benjamin e recibe tratamento hormonal desde os 16, quéixase de que a Xunta trate o seu caso coma se fose trámite administrativo ordinario, sen reparar en que ela leva “sufrindo desde hai décadas”.

Un recente informe dunha mé-dico especialista en psicoloxía clínica ratifica que os pacientes diagnosticados con transexualismo só terán saúde física e mental cando reciban o tratamento completo, e describe o “gravísimo” desaxuste psicolóxico de Goiar.

A PACIENTE TEN DISTINTO SEXO FISIOLÓXICO E CEREBRAL

Charlotte critica a “discriminación laboral” sufrida, xa que ata 2007 no seu DNI figuraba o nome e o sexo masculino co que foi inscrita no Rexistro Civil. Describe o seu caso como “unha sorte de eutanasia social”, que é, na súa opinión, “moito máis cruel” que a física, e ansía poder levar “unha vida normal e digna, como todo ser humano merece”, unha vez se someta á operación. Charlotte sofre a síndrome de Harry Benjamin, unha doenza rara que afecta a unha de cada 30.000 nenas e de cada 100.000 nenos. Consiste en ter distinto sexo fisiolóxico e cerebral.

Comentarios