sábado. 17.08.2019 |
El tiempo
sábado. 17.08.2019
El tiempo

Chus Pato ingresa na Real Academia Galega

Chus Pato, durante o seu discurso
Chus Pato, durante o seu discurso
0O académico Francisco Fernández Rey definiuna como "unha das figuras máis innovadoras e de maior proxección internacional da poesía galega contemporánea"

A poetisa ourensá Chus Pato (1955) ingresou este sábado como membro de número na Real Academia Galega cun discurso no que defendeu que se achegue a poesía ás novas xeracións a través da educación e no que reivindicou o aumento da presenza feminina no seo deste órgano.

O acto tivo lugar no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense, onde a escritora realizou os seus estudos, e contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente do presidente o Parlamento, Miguel Santalices; a deputada de En Marea Ánxeles Cuña e o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, entre outros. "Fíxome moita ilusión volver estar aquí, onde fixen o meu ingreso morta de medo con nove anos", sinalou unha "emocionada" Chus Pato, que a pesar de non residir na cidade das Burgas lembrou que para ela "é a única cidade do mundo real".

No seu discurso de ingreso a poetisa reclamou o "dereito dos nenos e mozos" a "ser educados na arte da poética" e que poidan desenvolver esta paixón a través de estudos superiores de Poesía "se así o desexan". Por iso defendeu a posta en marcha de "cátedras" que impartan estudos de poesía como xa ocorre "noutras universidades do planeta", e que deberían servir como "altofalante" para os poetas xa consagrados e como punto de encontro para que "as xeracións máis novas poidan recoller a súa herdanza".

Así, botou man da súa experiencia persoal e lembrou o "importante papel" que xogaron na súa vida nomees como o do exacadémico Xesús Ferro Couselo, que foi o seu profesor no instituto e que chegou a "encubrir" a súa participación nun acto da UPG ante a policía franquista.

MAIOR PRESENZA FEMININA. Pero, ademais de reivindicar á poesía como "un dos medios que usa calquera idioma para sobrevivir", a nova académica tamén apostou pola necesidade dunha maior presenza das mulleres en institucións como a RAG.

Nesta liña remitiuse ás palabras da académica, recentemente falecida, Xohana Torres nas que afirmaba que "as mulleres sosteñen a metade do ceo". "O normal é que tamén podamos estar nesoutra metade da terra, sen estar escondidas", engadiu Pato. Para a escritora ourensá "a RAG está a facer un esforzo" nesa dirección, polo que "espera" que a vacante de Xohana Torres "tamén sexa cuberta por unha muller".

MOMENTO HISTÓRICO NA RAG. O propio presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, destacou que "por primeira vez na historia" desta institución a nova académica fixo o seu ingreso escoltada por dúas mulleres, as escritoras Marilar Alexandre e Fina Casalderrey.

Freixanes cualificou como "unha grande alegría acoller" a unha "nova compañeira" que representa "o grande impulso das letras contemporáneas en Galicia e a incorporación da muller como parte activa de todos os ámbitos da sociedade". Ademais considerou que a presenza das académicas significa unha substitución para "a bandeira que un día ergueu Rosalía de Castro".

Chus Pato ocupa a cadeira que quedou vacante tras o falecemento do tamén ourensán Xosé Fernández Ferreiro, a quen lembrou con afecto. "A el úneme a ribeira do Miño, terra do meu pai", dixo a escritora, que tamén rememorou a outros académicos que a precederon neste posto como Francisco Fernández del Riego, Florentino López Cuevillas e Uxío Carré.

A ESCRITORA. Nada en 1955, Chus Pato é unha das voces máis innovadoras e de maior proxección da poesía galega contemporánea. É licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Desde 1995 reside e traballa en Lalín (Pontevedra). Os versos de Secesión (2009), lidos por ela mesma forman parte, desde 2015, dos fondos sonoros da Woodberry Poetry Room da Universidade de Harvard, xunto aos de Jack Keoruac, T.S. Elliot ou Borges. É o primeiro autor en lingua galega que forma parte desta prestixiosa biblioteca.

A poetisa ourensá Chus Pato (1955) ingresou este sábado como membro de número na Real Academia Galega cun discurso no que defendeu que se achegue a poesía ás novas xeracións a través da educación e no que reivindicou o aumento da presenza feminina no seo deste órgano. O acto tivo lugar no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense, onde a escritora realizou os seus estudos, e contou coa presenza do secretario xeral de Política Ling~ística, Valentín García; o presidente do presidente o Parlamento, Miguel Santalices; a deputada de En Marea Ánxeles Cuña e o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, entre outros. "Fíxome moita ilusión volver estar aquí, onde fixen o meu ingreso morta de medo con nove anos", sinalou unha "emocionada" Chus Pato, que a pesar de non residir na cidade das Burgas lembrou que para ela "é a única cidade do mundo real". No seu discurso de ingreso a poetisa reclamou o "dereito dos nenos e mozos" a "ser educados na arte da poética" e que poidan desenvolver esta paixón a través de estudos superiores de Poesía "se así o desexan". Por iso defendeu a posta en marcha de "cátedras" que impartan estudos de poesía como xa ocorre "noutras universidades do planeta", e que deberían servir como "altofalante" para os poetas xa consagrados e como punto de encontro para que "as xeracións máis novas poidan recoller a súa herdanza". Así, botou man da súa experiencia persoal e lembrou o "importante papel" que xogaron na súa vida nomees como o do exacadémico Xesús Ferro Couselo, que foi o seu profesor no instituto e que chegou a "encubrir" a súa participación nun acto da UPG ante a policía franquista. MAIOR PRESENZA FEMININA Pero, ademais de reivindicar á poesía como "un dos medios que usa calquera idioma para sobrevivir", a nova académica tamén apostou pola necesidade dunha maior presenza das mulleres en institucións como a RAG. Nesta liña remitiuse ás palabras da académica, recentemente falecida, Xohana Torres nas que afirmaba que "as mulleres sosteñen a metade do ceo". "O normal é que tamén podamos estar nesoutra metade da terra, sen estar escondidas", engadiu Pato. Para a escritora ourensá "a RAG está a facer un esforzo" nesa dirección, polo que "espera" que a vacante de Xohana Torres "tamén sexa cuberta por unha muller". MOMENTO HISTÓRICO NA RAG O propio presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, destacou que "por primeira vez na historia" desta institución a nova académica fixo o seu ingreso escoltada por dúas mulleres, as escritoras Marilar Alexandre e Fina Casalderrey. Freixanes cualificou como "unha gran alegría acoller" a unha "nova compañeira" que representa "o gran impulso das letras contemporáneas en Galicia e a incorporación da muller como parte activa de todos os ámbitos da sociedade". Ademais considerou que a presenza das académicas significa unha substitución para "a bandeira que un día ergueu Rosalía de Castro". Chus Pato ocupa a cadeira que quedou vacante tras o falecemento do tamén ourensán Xosé Fernández Ferreiro, a quen lembrou con afecto. "A el úneme a ribeira do Miño, terra do meu pai" dixo a escritora, que tamén rememorou a outros académicos que a precederon neste posto como Francisco Fernández del Riego, Florentino López Cuevillas e Uxío Carré. A ESCRITORA Nada en 1955, Chus Pato é unha das voces máis innovadoras e de maior proxección da poesía galega contemporánea. É licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Desde 1995 reside e traballa en Lalín (Pontevedra). Os versos de Secesión (2009), lidos por ela mesma forman parte, desde 2015, dos fondos sonoros da Woodberry Poetry Room da Universidade de Harvard, xunto aos de Jack Keoruac, T.S. Elliot ou Borges. É o primeiro autor en lingua galega que forma parte desta prestixiosa biblioteca.

Chus Pato ingresa na Real Academia Galega
Comentarios