jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

As chuvias continuarán en Galicia este domingo

As temperaturas non experimentarán cambios significativos

Galicia continúa na influencia dun centro de baixas presións situado no Cantábrico. Así, predominarán as nubes baixas, con orballos durante a mañá na metade oeste e pola tarde os ceos quedarán parcialmente cubertos con chuvascos máis probables na metade norte da Comunidade.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo do sudoeste, aumentando a moderado á tarde, con intervalos fortes nos arredores de Bares.

meteogalicia

As chuvias continuarán en Galicia este domingo
Comentarios