As chuvias serán as protagonistas este mércores en Galicia

Tamén haberá algún claro ao longo do día
Dos personas con paraguas en Pontevedra. GONZALO GARCÍA
photo_camera GONZALO GARCÍA

Situación de transición á espera dun novo empeoramento para o xoves. Así, comezaremos o día con nubes baixas e algunha chuvia feble, co avance da mañá iranse abrindo claros. Cara á noite comezarán os chuvascos pola franxa atlántica.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do oeste, virando a sur nas últimas horas do día, soprando en xeral con escasa intensidade.

meteogalicia