A CIG cre que a folga indefinida no sector das ambulancias é "inevitable"

O sindicato xa prevía "un conflito longo e duro"

Representantes de los 'PACs en Pé de Guerra' han participado en Vigo en una movilización que reclamaba mejoras en el sector de las ambulancias. TWITTER (@galizaCIG)
photo_camera Protesta dos traballadores das ambulancias. TWITTER (@galizaCIG)

O responsable da  FGAMT-CIG de Lugo,  Christian López  Carmona, considera que "a día de hoxe" é "inevitable" a folga indefinida no sector das ambulancias, cuxo inicio está previsto para o 20 de marzo, porque a patronal segue instalada nunha actitude "totalmente irresponsable".

Desde o seu punto de vista, están a cumprirse ao pé da letras as previsións realizadas polos sindicatos antes de iniciar as mobilizacións, porque a CIG sempre tivo claro que ía ser "un conflito longo e duro", pola postura de "empresarios temerarios".

"Estamos dispostos a seguir denunciando a situación de precariedade que viven os traballadores", dixo Carmona, conscientes de que o camiño "será longo e duro", porque a propia "irresponsabilidade" da patronal está "a alongar o conflito".

Asegurou que o ánimo segue intacto entre os traballadores, porque se están "cumprindo todas as fases" do que é "un conflito laboral destas características". Se non hai solución esta semana, lembrou, a próxima comezará a "folga indefinida", despois de tres semanas de paros "descontinuos". 

Comentarios