Colectivos y vecinos se movilizan en San Xulián contra el polígono industrial del Pituco

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e a Asociación Monte Pituco levaron a cabo una andaina polo lugar para dar a coñecer a súa riqueza natural, patrimonial e paisaxística
Algúns dos participantes na andaina durante o percorrido polo monte
photo_camera Algúns dos participantes na andaina durante o percorrido polo monte

Diversos colectivos ecoloxistas e sociais manteñen viva a demanda de protección para o Monte Pituco e o rexeitamento aos plans para crear na zona un polígono industrial. Así, unhas 80 persoas participaron o domingo nunha andaina reivindicativa polo lugar organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo co apoio da Asociación Monte Pituco.

Procedentes de Marín, Peste lunsvedra, Moaña, Vigo e doutras localidades próximas, os participantes no roteiro saíron da arboreda do Monte Pituco e, ao longo de algo máis de cinco quilómetros, percorreron unha parte importante da área afectada polo polígono industrial proxectado polo Concello de Marín no seu PXOM e pola Xunta de Galicia no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, cunha extensión de 332.000 metros cadrados.

O obxectivo desta ruta, segundo explica a organización, era "rexeitar a urbanización desta zona, incluída no Espazo Natural dos Montes do Morrazo, que son solo rústico de especial protección, no marco das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Peste lunsvedra".

Ademais, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e a Asociación Monte Pituco trazaron un percorrido que serviu para amosarlle á veciñanza o forte desnivel do terreo, con pendentes superiores ao 45 por cento, "cando a Guía de recomendacións técnicas para o proxecto integral de parques empresariais de Galicia, elaborada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, establece que os parques de tipo industrial non se poden localizar razoablemente sobre as zonas moi abruptas, entendendo por estas as que superen o 15 por cento de pendente".

Ao longo do itinerario os participantes visitaron zonas de piñeiral, o nacemento dos regatos das Presas e da Grela, nos que habitan fauna e flora sensible, o outeiro de Cerqueiras, o Monte da Serra, a feste luns das Pulgas e varios mananciais naturais que tamén están afectados polo proxecto do polígono, así como a mámoa e os petríglifos de Sete Camiños, e o conxunto rupestre do Pornedo, sen esquecer, como curiosidade, os gravados modernos de José Meijón (1899-1980).

O bo día do domingo permitiu que a actividade se desenvolvera cunha importante afluencia de público e que puido visitar todos os lugares previstos.

Comentarios