A comarca de Caldas recibe 380.000 €euros grazas ao encoro

Medio Ambiente aprobou o convenio de colaboración coa Deputación e os concellos beneficiarios: Caldas, Cuntis e Moraña

A Consellería de Medio Ambiente aprobou onte o convenio de colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña co fin de dar cumprimento á concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas. Os tres municipios contarán con 386.354,14 euros para o financiamento de actuacións de carácter educativo, cultural e de asistencia social realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2015. A repartición desta cantidade executarase a partes iguais entre os consistorios, o supón un total de 128.784,71 euros para cada un deles.

Este convenio establece as bases que rexerán a cooperación técnica e económica entre as citadas administracións respecto das cantidades do canon indicado pola explotación do aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis. Este acordo, de carácter anual, xorde como compensación económica aos citados lugares pola construcción do encoro no río Umia nos termos municipais que ocupa.

A presa de Caldas, que abastece os concellos de Portas, Caldas de Reis, Vilagarcía e o outros concellos da comarca do Salnés, cumpre unha dobre función. Regula o abastecemento e o caudal en tempo de choivas, o que permite un maior control no caso das inundacións.

EVITA INUNDACIÓNS. Medio Ambiente insistiu o ano pasado nas bondades da construción, levantada no ano 2001, para o aproveitamento hidroeléctrico de Caldas co argumento de que «é unha garantía para evitar os desbordes do río Umia, posto que permitiu reducir cerca dun 40% o caudal, evitando inundacións máis graves na localidade», logo dun inverno no que as inclemencias meteorolóxicas foron as protagonistas.

Comentarios