viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

Combarro deu inicio este venres á Semana Cultural e Festiva de San Roque

Público asistente este venres a esta primera xornada festiva en Combarro
Público asistente este venres a esta primera xornada festiva en Combarro
María Luisa Sanz foi a encargada de ler o pregón ► Despois, fíxose entrega das distincións dos Mexilóns de Ouro

O territorio de Combarro deu inicio onte á 33ª edición da Semana Cultural e Festiva de San Roque, que se celebra ata o 21 de agosto. Un dos momentos máis importantes foi o instante no que se lle deu voz á pregoeira escollida para este ano, María Luisa Sanz Muñoz. Esta muller, de orixe madrileña, chegou despois da Guerra Civil xunto coa súa familia a este emblemático lugar, coñecido polos diversos canastros situados á beira do mar e por un centro histórico de relevancia. Unha vez en Combarro, María Luisa pasou a maior parte da súa vida nesta zona. Este foi un dos aspectos principais ós que fixo referencia no seu pregón, ante o conxunto de veciños e visitantes que se achegaron á Praza de San Roque para gozar dunha noite de celebración. Ademais, Sanz comentou todas as súas vivencias, recordos e sentimentos asociados a Combarro, o que supuxo un momento bastante emotivo. 

Nesta xornada tamén se repatiron os xa coñecidos Mexilóns de Ouro, que se entregaron a tres mulleres emprendedoras no negocio das bateas. O premio conxunto outorgóuselle a unha familia que impulsou a Festa do Mexilón, na que participa actualmente. Un certame que se inclúe dentro desta semana cultural. 

O alcalde, Luciano Sobral, tamén fixo acto de presencia. Unha vez rematada a súa intervención, levouse a cabo o izado das bandeiras á vez que se interpretaba o Himno Galego. A velada extendeuse ata a madrugada, amenizada por un trío de música. 

Combarro deu inicio este venres á Semana Cultural e Festiva de San...
Comentarios