Consiguen medio millar de firmas para recibir atención médica en Anafáns

Os pacientes afectados que foron derivados a Combarro planean acudir á Consellería de Sanidade nos próximos días
Asistentes á reunión celebrada o pasado sábado entre os pacientes afectados
photo_camera Asistentes á reunión celebrada o pasado sábado entre os pacientes afectados

Despois de que varios pacientes foran derivados ó Centro de Saúde de Combarro, moitos deles comezaron unha campaña para reverter a situación e volver ó Ambulatorio de Anafáns. Ademais de facer unha reunión o sábado pasado, comezouse cunha recollida de firmas e, a día de hoxe, xa se obtiveron arredor demedio millar de rúbricas, o que é calificado como un auténtico éxito por un dos organizadores desta acción. "Estánsenos agotando as follas, a colaboración é moi alta, non podo dicir a cantidade exacta pero xa son máis de 400 e creo que o número seguirá crecendo. Somos varias persoas ocupándonos desta tarefa e creo que hoxe comezarei a reunir todos os papeis", engadiu este martes. Admite que durante a semana están preparando as diversas accións a levar a cabo. Unha das súas intencións futuras é acudir á Consellería de Sanidade.

O obxectivo destas mobilizacións consiste en "facer valer os nosos dereitos. Non podemos facer que nos pasen por enriba". O voceiro designa de impopular a medida adoptada e comenta que os responsables da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (Eoxi) do Sergas non calcularon que esta medida ía ter semellante resposta cidadá, ademais acúsaos por non realizar unha boa xestión. "Deberíase ter en conta o domicilio de cada un. De feito, estamos detectando que moita da xente que vive cerca de Anafáns tense que desprazar ata Combarro para recibir atención primaria, e ó revés. Non existe unha distribución lóxica, consideramos que deben revisar o empadroamento". Por outra banda, saliéntase a colaboración e axuda do Concello de Poio e resáltase o labor do alcalde, Luciano Sobral, por mostrarse totalmente aberto a cooperar coa súa reivindicación.

"O Concello de Poio estanos axudando e o alcalde está aberto a colaborar coas nosas reinvindicacións e protestas"

Reivindicacións que, segundo o portavoz, axudan á acelerar o proceso de reingreso dos afectados. "As nosas protestas parece que o están conseguindo, o que pretendemos é que nos respondan de forman positiva e, ademais, facer unha chamada de atención para que non se volva repetir a situación".

REFORZO. O Ambulatorio de Anafáns conta agora cunha profesional que reforzará o cupo de enfermería neste centro. Unha incorporación que se produce despois da xubilación da facultativa. Asemade, membros do Sergas afirman que se está continuando coas tarefas de información á cidadanía para que saiban que poden pedir o cambio de médico.

Comentarios