jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Cuento de hadas

Nada como pórse a falar de Marilyn Monroe para chamar a atención. Así que, de entrada, este filme xoga con vantaxe. Porén, ese foco tan sumamente centrado nela é o que, ao meu entender, debilita a película. Por unha banda está esa estrela que foi Marilyn, unha presenza que, polo visto, resultaba apadumante en moitos sentidos. Tanto que, de feito, cada ausencia en plató, cada atraso, cada capricho, era perdoado e recuberto de toda unha intrahistoria de sensibilidade ferida, sufrimento e incomprensión.

Por outra banda, están todos os demáis personaxes que reaccionan ante a protagonista. Penso que, realmente, a historia estaba aí. Queda entón un filme que se deixa ver, sobre todo na primeira parte, e que despois comeza a resultar tedioso e demasiado lixeiro. Achégase máis a un conto de fadas que a calquera outra cousa.

Cuento de hadas
Comentarios