Cuestión de cornos

A conta da iniciativa lexislativa popular que presentou a plataforma Prou ao Parlamento catalán para abolir as corridas de touros en Cataluña, houbo un debate no programa 59 segundos. Algún paspán de cuxo nome non quero acordarme dixo a parvada supina de que ''esta era outra catalanada no seu intento por desmarcarse da identidade nacional española'' ou algo así.

Paspán: as corridas de touros non representan a identidade nacional española porque o 97% dos españois, que se di pronto, non foron nunca, nunca a unha corrida. De touros. O 97% dos españois maiores de 18 anos asegura presenciar, con todo, outro tipo de corridas.

Pregúntome por que entón o Goberno español subvenciona con 564 millóns de euros unha actividade que só vai gozar o 3% da poboación (se queren ver o desglose dos 564 millóns, na miña páxina de Facebook) e por que cada español debe pagar (na súa maioría sen o seu consentimento) 47 euros ao ano para subvencionar as diversións duns cantos. Mentres tanto, nesta a miña comunidade na que a Esperanza é o último que se perde, o 73 por cento dos nenos non puideron optar a praza pública en garderías.

¿Saben cantas prazas de garderías se poderían crear con 564 millóns de euros? Para mostra un botón: en toda a Comunidade Valenciana este ano só se destinaron 2,3 millóns de euros á creación de garderías. Os touros, polo visto, importan máis que os nenos.

Comentarios