Lunes. 27.05.2019 |
El tiempo
Lunes. 27.05.2019
El tiempo

A cultura convértese en solidariedade en pro do traballo da ciencia

Distintas imaxes da gala a beneficio da Fundación de Medicina Xenómica de Galicia
Distintas imaxes da gala a beneficio da Fundación de Medicina Xenómica de Galicia
O local social de Lusquiños-Tomeza acolleu a segunda Festa da investigación

O local social de Lusquiños, en Tomeza, acolleu a segunda edición da Festa da investigación, unha iniciativa impulsada pola escritora Loli Beloso que tivo como obxectivo recadar fondos para a Fundación de Medicina Xenómica de Galicia. O director deste centro, o científico Ángel Carracedo, participou neste acto para falar sobre a importancia da actividade que desenvolve este centro de investigación no ámbito da oncoloxía e das enfermedades consideradas raras.

O grupo de pandereiteiras 'As estreliñas de Tomeza' actuou na gala na que tamén un grupo de rapaces e rapaces ofreceron un recital poético. Ademais, Loli Beloso recordou que este certame tamén tivo como obxectivo honrar a memoria do intelectual galeguista, artista, editor e empresario Isaac Díaz Pardo e da súa dona, Carmen Arias, que era coñecida como 'Mimina', "porque me impactou a súa obra humana".

A autora, que elexiu este acto para presentar a súa primeira colección de xoias solidarias 'Veleiros de bos sentimentos de Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias', anunciou que estas pezas sairán á venda de cara ao Nadal. Trátase dunha gargantilla, un colgante, pendentes, un anel, unha pulseira e outro colgante que se presenta por primeira vez e chamado 'Amor de Díaz Pardo e Mimina'".

Beloso, que leva doado á Fundación de Medicina Xenómica entre 8.000 e 9.000 euros coa venda das súas publicacións, ten previsto desenvolver de cara ao inverno un proxecto no que contará coa axuda do xerente da sala de festas La Luna, Luis López Basalo: organizar unha macrofesta para a xuventude na que participará a orquestra El Combo Dominicano.

A cultura convértese en solidariedade en pro do traballo da ciencia
Comentarios