Culturgal ateiga o Pazo no seu día importante

A presentación da derradeira novela de Xosé Neira Vilas converteuse nunha homenaxe improvisada ao pai de Balbino

Da que ía ser a presentación da última novela de Xosé Neira Vilas xurdiu unha homenaxe "espontánea, saída docorazón", segundo a describiu o director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes. O acto, no que se daba a coñecer o libro ‘Romaría de historias’ -e no que, nun principio, estaba prevista a asistencia do autor de ‘Memorias dun neno labrego’-, converteuse no momento máis emotivo da mañá do sábado en Culturgal.No acto participaron diversas persoas do contorno de Neira Vilas, tanto do ámbito persoal como do mundo dos libros. Entre eles estaban Loli Beloso, Fina Casalderrey ou o propio Freixanes. 

Ademais, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro presentaron os especiais sobre política e cultura da revista Luzes. Xa pola tarde, os membros de Migallas Teatro ofreceron unha ctuación na que presentaron o seu último disco, Zaragallada. No tocante a Pontevedra, a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, deu a coñecer o cartel da vindeira edición do Salón do Libro, adicado ao mundo dos animais.

Uxía e Magín Blanco ofrecerán un concerto de presentación do seu último libro-disco adicado a Manuel María, ‘Canta o cuco’ (12.00 horas). Pola tarde entregarase o Premio do Público de Culturgal (17.30 horas) e terá lugar un encontro cos principais autores do xénero da novela negra galega no que participarán Diego Ameixeiras, Héctor Carré, Antonio Tizón e Xaquín Fernández Leiceaga.



Comentarios