Cumio publica ‘Tambo’, un libro nacido dun proxecto do colexio Carballal de Marín

PON2901P61F8.JPG
photo_camera PON2901P61F8.JPG

PONTEVEDRA. Edicións do Cumio vén de publicar ‘Tambo’, un libro-CD-DVD que inclúe 13 contos orixinais cun fío común (a tartaruga que lle dá nome), trece cantigas, trece traballos audiovisuais realizados con técnicas de stop motion con karaoke e seis coreografías gravadas por nenos en espazos exteriores. Entre os colaboradores da publicación, que foi presentada oficialmente no pasado Culturgal, están a escritora Fina Casalderrey, o Club de Ximnasia Rítmica In Mare de Marín, o Coro Infantil Municipal de Cambados e o Coro Infantil e Xuvenil Z. Kidály de Vilagarcía.

‘Tambo’ é un proxecto multiformato que integra nunha obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal, segundo explica Cumio. Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do CEIP Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos despois propiciaría unha irmandade con outro colexio da provincia, o da Pedra de Bueu.

«Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade», indica a editorial.

Comentarios