De festa en festa

«Que aos galegos nos gusta a festa está claro», recoñece o fotógrafo bergantiñán Ricardo Cambón. Non é raro referirse a Galicia como o país das mil festas. Gastronómicas e non gastronómicas. «O caso é que faga bo tempo para festexar», bromea Cambón.

Unha exposición que se inaugurou onte na sede do Patronato de Turismo Rías Baixas (Palacete das Mendoza), e que se pode visitar ata o 21 de maio, repasa a través dunha serie de imaxes as festas que conseguiron a declaración de interese turístico por parte da Xunta. «A mostra que compuxemos, e que viaxará por toda Galicia, está formada por 16 fotos», explica o autor das instantáneas. «Foron escollidas dun total de 81, que son as que compoñen un libro titulado ‘Festas de Galicia’».

Dúas das imaxes que se poden ver na mostra de Rías Baixas foron tomadas na provincia de Pontevedra. «Escollemos unha do Entroido de Cobres, en Vilaboa, e outra das Festas do Cristo de Bouzas, en Vigo. Pero no libro hai máis».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios