Descubrindo o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Actividade estival que ofrece case 1.400 excursións ás illas Cíes e Ons, e que nesta edición tamén ofrece a posibilidade de coñecer Cortegada e Sálvora. O obxectivo deste programa é animar aos cidadáns de todas as idades a coñecer os valores destes enclaves naturais, completando e enriquecendo así a actividade de praia ou de sendeirismo que fan os visitantes durante o verán.

https://www.reservasparquesnacionales.es/real/ParquesNac/index.aspx

Lugar: Ons, Cies, Sálvora e Cortegada.

Organizador: Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Data de inscrición: Consultar ligazón adxunta ou sede do Parque Nacional (rúa Oliva 3, Vigo).

Data de inicio: 04/07/2017

Data de fin: 15/09/2017

Comentarios