P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Verde.
P ¿Que quería ser de pequena?
R Sempre quixen ser enfermeira, pero descarteino polo sangue.
P ¿Por que se puxeron de moda ‘cupcakes’ e tortas decoradas?
R É unha herdanza de Suramérica e dos EE UU, onde levan moitos anos facéndoos. Son moi vistosos e á xente gústanlles; vanse coñecendo máis e teñen moita saída.
P ¿Que produtos fai vostede?
R Eu preparo tortas decoradas, galletas, cupcakes, centros de larpeiradas ou agasallos para bebés.
P ¿Que acollida teñen?
R Á xente encántanlle. É tanto o que lle gustan que ás veces ata lle dá pena comelas. Adoitan ser un éxito rotundo.
P ¿Por que prezos oscilan este tipo de preparacións?
R Varían un pouco, dependendo do prezo das tortas: sobre uns 20 euros o quilo. As galletas, dependendo do tamaño, a partir de dous euros; e os cupcakes, media ducia, 18 euros. Son prezos axeitados a estes tempos. As decoracións inflúen moito á hora do prezo, porque é o que máis pesa.

Nada en Marín en 1974, leva 20 anos vivindo en Vigo. Estudou Educación Infantil
Afeccionada desde sempre á repostería, ao nacer o seu fillo comezou a facerlle tortas especiais nos aniversarios. Empezou a formarse e tras ir ao paro creou o blog La casita de Desi, que xa recibiu varios premios e no que se poden mercar as creacións