Disque a viúva de Kirchner renega e se avergoña da súa orixe galega

De Faro: ''Cristina Fernández sente vergoña do seu proxenitor de orixe galega (fillo dun fonsagradino), din algúns periódicos. A clave está en seu pai, Eduardo Fernández, condutor de autobús que casou con súa nai cando a presidenta arxentina tiña 2 anos''. Dubídase de que sexa o seu pai biolóxico.

Xosé M. Pereiro recuncará como decano dos xornalistas de Galicia

De Galicia Confidencial: ''Xosé Manuel Pereiro encabeza a única lista que se presentou á xunta de goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CXPG). Así que, aínda que faltan algúns trámites, repetirá no cargo, que ocupa desde hai catro anos. A vicedecana será a xornalista e escritora Rosa Aneiros''.

Piropos a Gómez Besteiro e Jaime Castiñeira nun acto social en Lugo
Algunhas das damas asistentes á gala de entrega de premios aos Milagrosistas do Ano, que tivo lugar a pasada fin de semana en Lugo, non dubidaron en lanzar piropos a dous políticos con boa planta. Trátase do socialista José Ramón Gómez Besteiro e do popular Jaime Castiñeira, que case arroxan.

Comentarios