Dous periódicos vinculan a Teresa Viejo co 'solteiro de ouro' Feijóo

La Región e El Mundo, por esta orde, aseguran que Alberto Núñez Feijóo e a xornalista e escritora Teresa Viejo foron vistos en Portugal durante a Semana Santa. A ex directora de Interviú e presentadora de televisión dixo que non confirma nin desmente. Antes, a prensa rosa relacionárao con Paloma Lago.

Armesto, un capelán que combina en Ourense a relixión e a ciencia
De El País: José Manuel Armesto (Holanda, 1981) é capelán no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, enfermeiro nun centro privado, estuda Dereito e xestiona once parroquias rurais. E asegura que “a ciencia pode achegar a Deus”. O Sergas gasta ao ano 531.000 euros en pagar a 41 curas en Galicia.

O primeiro nomeamento do papa Francisco foi o do galego Carballo
O papa Francisco, no seu primeiro nomeamento como sumo pontífice, elixiu o franciscano galego José Rodríguez Carballo como secretario para os Institutos da Vida Consagrada, un cargo de certa relevancia. Carballo é de Lodoselo, Ourense, e converterase en arcebispo o 18 de maio en Santiago.

Comentarios