viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

É de supor

É de supor que esta é unha película das de pensar. Desas que con moi pouco contan moito. Desas que teñen unha profundidade extraordinaria, que con pequenas pinceladas, aquí e alá, constrúen unha historia transcendental, capaz de tocar todos os elementos da alma humana. É de supor que un filme destas características non ten por que percorrer os camiños habituais da narración cinematográfica; non precisa demasiadas explicacións porque o deixa case todo á sagaz perspicacia do espectador. Por iso non hai que dar razóns nin amosarse excesivamente lóxico. A coherencia está un pouco de máis neste tipo de películas. Á fin e ao cabo, os humanos somos así, perseguimos soños imposibles, buscamos a salvación, imos á deriva. Somos unha mistura de escenas inconexas ás que temos que atopar senso. É de supor que se o achamos, esta cinta é das grandes. Se non, ai, se non. (Gaëlle, a miña mestra de francés, achega un dato: Birkin é inglesa e non dá a imaxe de muller parisiense... Aínda que sexa dun circo, París é París).

El último verano
Director: Jacques Rivette
Intérpretes: Jane Birkin e Sergio Castellito
Puntuación: **

É de supor
Comentarios