El Concello celebra desde el sábado la 'Ceremonia de bebés'

PONTEVEDRA. El Concello de Pontevedra pondrá en marcha este sábado, 26 de septiembre un nuevo acto protocolario: la ceremonia de bebés que se celebrará en el Pazo de Mugartegui.

El bando que anuncia la celebración de la Ceremonia de bebés es el siguiente:

"Queridos pontevedreses e pontevedresas, Ante a demanda expresada por unha parte da cidadanía, nomeadamente proxenitores que desexan testemuñar públicamente o nacemento dos seus fillos ou fillas en Pontevedra, veño en dispoñer a celebración dun novo tipo de eventos, aos que denominaremos Cerimonias de Bebés, que consisten en desenvolver actos públicos de recoñecemento a novos cidadáns e cidadás.

Pontevedra, considerada Cidade Amiga da Infancia, aposta por convertirse nunha cidade na que as nenas e os nenos poidan medrar en espazos sans, integradores e amábeis, na que servizos básicos como a educación, a sanidade e a cultura se presten con garantías públicas e na que as políticas de apoio á infancia estean presentes en todos os ámbitos da xestión pública, desde a accesibilidade á mobilidade infantil, pasando pola educación viaria, as programacións cultural, festiva e deportiva, as políticas de benestar e o apoio á educación xeral, entre outros.

Moitas persoas desexan celebrar un acto de testemuña pública do nacemento dun novo membro das súas familias, a través dunha cerimonia de benchegada á cidadanía, polo que ordenei planificar todos os detalles que nos permitan acometer este tipo de eventos coa dignidade e a formalidade necesarias para que resulte un acontecemento memorábel.

Despois de realizar os sondeos pertinentes, decidimos celebrar cerimonias de bebés ás que poidan acodir as criaturas acompañadas dos pais, nais, testemuñas e familiares que desexen, para seren recoñecidos públicamente como cidadáns ou cidadás de Pontevedra.

As cerimonias serán colectivas, mensuais, programadas e organizadas segundo un protocolo elaborado expresamente con esta finalidade.Terán lugar no Pazo de Mugartegui un día sábado pola mañá, se ben estes aspectos son flexibles e irán regulándose a medida que se vaian celebrando eventos e que se poidan axustar todos os extremos para perfeccionalos, adaptalos no posíbel á demanda dos interesados e lograr a máxima dignidade e comodidade dos participantes.

Os proxenitores interesados en participar nestas cerimonias, deben dirixir unha solicitude ao Servizo de Protocolo da Alcaldía na que fagan constar os seus nomes e números de DNI, o nome do neno ou nena e data de nacemento, enderezo familiar e fotocopia do Libro de Familia. No Servizo de Protocolo do Concello poden recibir máis información sobre calquera curiosidade e suxestión que queira realizar en torno á cerimonia".

La carta del convite fue firmada por el alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

Comentarios