'En Ruta coa Depo' moverá a 24.000 persoas

Carmela Silva sinalou que "máis alá de fomentar a socialización, este programa axuda a dar a coñecer a propia provincia"
Visitantes nun dos lugares das novas rutas do programa da Deputación, o Pazo de Lourizán
photo_camera Visitantes nun dos lugares das novas rutas do programa da Deputación, o Pazo de Lourizán

Atendendo á enorme demanda que ten o programa En Ruta coa Depo, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da "aprobación da Xunta de Galicia da ampliación do proxecto".

Silva asegurou que "moita xente quédase na lista de espera". Por este motivo, ás 19.652 prazas que se ofreceran no pasado mes de xullo súmanse a maiores case 5.000, o que supón que unhas 24.000 persoas poderán participar nesta iniciativa por Pontevedra.

A presidenta da Deputación sinalou que "máis alá de fomentar a socialización, este programa axuda a dar a coñecer a propia provincia, xa que hai moitísimos lugares extraordinarios que son descoñecidos polas propias e propios pontevedreses".

Ademais, Silva destacou que este programa axuda a "xerar economía axudando a manter o emprego en épocas do ano fóra da temporada alta".

Comentarios