A esgrima e o ganchillo abren a XV edición de ‘Noites Abertas’

Varios mozos que participaron nos primeiros obradoiros que se celebraron onte no CEIP Froebel. Na imaxe da esquerda, tres nenos posan coas espadas de esgrima. Nas outras dúas fotografías, dous grupos de mozas nas clases de creación de bonecos e de gan
photo_camera Varios mozos que participaron nos primeiros obradoiros que se celebraron onte no CEIP Froebel. Na imaxe da esquerda, tres nenos posan coas espadas de esgrima. Nas outras dúas fotografías, dous grupos de mozas nas clases de creación de bonecos e de gan

PONTEVEDRA. Obradoiros de esgrima e loita escénica, de creación de bonecos en 3D, de ganchillo XXL e de elaboración de postres árabes, entre moitos outros, foron os encargados de inaugurar a programación de ‘Noites Abertas’, que este ano celebra a súa XV edición.

Cun amplo número de actividades dirixidas á mocidade de Pontevedra, de entre 12 e 30 anos, a iniciativa do Concello de Pontevedra oferta cursos de manualidades, de baile, de música ou de deportes.

Tenis de mesa, animación, danza, pandereita e cociña impartiranse hoxe no CEIP Froebel a partir das 20.00 horas. Pola súa banda, a Casa Azul acollerá unha sesión de Taichi e Chikung e unha charla para deixar de fumar (para máis información sobre o porgrama consultar a páxina web www.noitesabertas.com).

Comentarios