''Espero que Luciano Sobral lle consiga unha casa a esa familia, que non tivo culpa de nada''

Unha vez cumprido o seu desexo de ver fora de Caritel ás familias realoxadas do Vao e a piques de que finalice totalmente o proceso, o presidente de la Mancomunidade de Veciños de Caritel, Javier Sánchez, pensa que pagou a pena esforzarse pode defender a posición da parroquia, xa que se demostrou ''que este pobo tiña razón'', a pesar de que recoñece que a familia que quedou sen casa non é a culpable do problema.

Como se atopan os veciños de Caritel que se postularon contra os realoxos?

Ben. Estamos satisfeitos, pero cremos que se deberon acurtar os prazos. Isto debeu rematar moito antes, hai meses. 

A quen culpan diso?

A Luciano Sobral, sen lugar á dúbida. Ao final, prolongouse tanto este conflito que Miguel Montoya e a súa familia estiveron catro anos neste pobo.

Cumpriuse a expectativa negativa que vostedes tiñan: caeu a calidade de vida e a seguridade no pobo?

Bueno, iso aínda estaba por ver, nalgún dos sentidos. Noutro pódese dicir que si, que houbo unha merma da calidade de vida. Pasamos medo e inquietude. Tamén temos que dicir que somos conscientes de que as familias ás que meteron aquí non teñen a culpa de que todo fora tan mal feito.

(Entrevista completa na nosa edición impresa do 12 de xaneiro).

Comentarios